ONDE VAI ISTO?
RECOLLIDA SELECTIVA

Podemos definir a recollida selectiva como a agrupación e clasificación de residuos de acordo coas súas características para facilitar a súa posterior recuperación.

A participación cidadá resulta, neste sentido, fundamental. Que cada familia se responsabilice de separar os refugallos xerados e que os deposite no colector correspondente é a clave para que todo o proceso posterior funcione. De aí a importancia da educación ambiental.

Unha boa recollida selectiva permite aforrar unha notable cantidade de materias primas e enerxía, reducir o volume de lixo a tratar ou eliminar e diminuír o custo do tratamento desta.

Toda a información relativa á xestión industrial de Sogama se encontra recollida na súa páxina web http://www.sogama.es/gl/info/que-e-sogama